ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 2:Como colocar os dedos da man esquerda

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

Como colocar os dedos da man esquerda

Como acabamos de ver, os dedos da man esquerda deben descansar sobre cada unha das teclas A, S, D, F e barra espaciadora. A continuación podes ver novamente unha imaxe onde aparecen coloreadas.

Mano Esquerda
Mano Dereita

Por se che resulta máis fácil, aquí tes unha pequena táboa coa posición de cada dedo da man esquerda:

Meñique Descansa sobre a tecla A
Anular Descansa sobre a tecla S
Corazón Descansa sobre a tecla D
Índice Descansa sobre a tecla F
Pulgar Descansa sobre a barra espaciadora

Aprender mecanografía require practicar para que te acostumes a colocar correctamente as mans, e isto é algo que ao principio custa un pouco, imos practicar primeiro a premer as teclas coa man esquerda.

Coloca agora todos os teus dedos da man esquerda sobre as teclas A, S, D, F e a barra espaciadora.

Cres que serías capaz de usar só a túa man esquerda para premer ASDF e o espazo?

Volver atrás