Unidade 2:Como colocar as mans no teclado
Como colocar as mans no teclado
Como recordarás da unidade anterior, existen dúas teclas, a F e a J que teñen dúas marcas que se notan ao tacto.
O motivo de que existan estas marcas é para axudarche a colocar as mans no teclado sen necesidade de miralo.
Observa atentamente a seguinte figura para entender como e onde deben descansar as túas mans e dedos no teclado:
Mano Esquerda Mano Dereita | ||
A esta fila de teclas ASDF e JKLÑ que aparece coloreada denomínaselle fila guía.
Os dedos colócanse sobre a fila guía para que sexa fácil acceder ao resto das teclas con pequenos movementos de cada dedo. Aprender a premer todas as teclas require práctica e algo de tempo para acostumarse, pero unha vez aprendas, verás que podes escribir moi rápido e sen mirar o teclado.