ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Certificado

Trátase dun documento acreditativo, ao teu nome, que poderás descargar e imprimir ao rematar o curso Pro de mecanografía.

Certificado de exemplo

Preguntas frecuentes

Terá o meu nome?

Si. O certificado expídese ao teu nome. Poderás introducir o teu nome completo cando o solicites, unha vez completado o curso.

Como é o certificado?

O certificado do Curso Pro de Mecanografía de ARTypist é un documento PDF que pode verse en calquera dispositivo. Tamén poderás imprimilo na casa ou compartilo por correo electrónico.

Pódese solicitar máis dunha vez?

Non. O certificado expedirase unha única vez.

Ten validez oficial?

Non. Trátase dun certificado acreditativo co obxectivo de facer constar que se realizaron e superaron todas as leccións do curso Pro de mecanografía de ARTypist; porén, non ten equivalencia con ningún título académico oficial.

Pódese verificar a súa autenticidade?

Si. Todos os nosos certificados dispoñen dun código único co que calquera persoa cunha copia dixital ou física pode verificar a autenticidade de xeito doado accedendo a un enderezo web.