ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 14:Funcionamento da til

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

Funcionamento da til

O funcionamento da til no teclado é algo especial. Novamente funciona dun xeito diferente ás demais teclas que vimos ata agora. Non te preocupes, é moi fácil, a continuación explícanos.

Imos velo cun exemplo. Imos supoñer que queremos poñer un acento na letra a. Para que apareza unha á na pantalla primeiro hai que premer a tecla de acento agudo ´ e seguidamente a tecla a.

Se por exemplo quixéramos escribir ú tamén habería que seguir a mesma orde, primeiro a tecla de til e despois a letra u. Dado que só hai unha tecla de acento agudo no teclado, haberá que usar a man dereita para premer tanto a til como a letra u.

Ao contrario que ocorría coas maiúsculas, neste caso non é necesario manter premida a tecla de til, é dicir, primeiro pódese premer a tecla de til, soltar, e despois premer a vogal que queremos acentuar.

A continuación tes unha pequena animación para ver como se premen as teclas para escribir á e ú:

Mano Esquerda
Mano Dereita

Pulsa en continuar cando esteas listo para facer o primeiro exercicio.

Volver atrás