ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 14:As tildes no teclado

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

As tildes no teclado

No teclado español existen varios acentos gráficos ou tildes que se poden poñer sobre as letras. Podemos atopar o acento agudo ´, o acento grave ` e o acento circunflexo ^. No idioma galego e español o único acento que se usa é o agudo, así que imos centrarnos neste acento.

Saber premer a til permitirache escribir: á, é, í, ó, ú

Como sempre, imos comezar buscando a tecla do acento agudo no teclado.

A tecla de acento atópase na parte dereita do teclado, xusto ao lado da letra Ñ:

Dedica un momento para localizar a tecla de til no teclado que tes diante de ti.

Como imaxinarás, esta tecla debe premerse co maimiño dereito, que é o mesmo dedo que preme a tecla Ñ.

Volver atrás