Unidade 6:Como se premen as teclas V, B, N e M?
Como se premen as teclas V, B, N e M?
Tal e como fixemos na unidade anterior, primeiro imos dedicar uns minutos a descubrir con que dedos hai que premer as novas letras.
Mira o teclado que tes diante de ti e busca as teclas V, B, N e M...
...
...
...
...
...
...
...
...
Xa as atopaches? Se non as atopaches, volve mirar o teclado e cando as atopes baixa e segue lendo o texto...
...
...
...
...
...
...
...
...
Se localizaches as teclas observarás que estas novas teclas están debaixo da fila guía.
Verás que as teclas V e B están debaixo, aínda que lixeiramente desprazadas, das letras F e G, mentres que as letras N e M están debaixo das letras H e J respectivamente, e tamén están algo desprazadas cara á dereita.
Igual que na unidade anterior, vas ser ti quen me diga con que dedos hai que premer cada tecla.
Aconsélloche que unha vez leas a pregunta, mires o teclado atentamente, busques as letras, e penses cal é a tecla que está máis preto.
Se xa respondiches correctamente, podes continuar.