ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 5:Como se premen as teclas R, T, Y e U?

Le atentamente o seguinte texto e responde ás preguntas antes de continuar.

Como se premen as teclas R, T, Y e U?

Como xa imaxinarías, nesta unidade imos traballar catro novas teclas. Como indica o título, as novas teclas que vas aprender a premer son a R, a T, a Y e a U.

Dedica uns segundos a buscalas no teclado que tes diante de ti...

...

...

...

...

...

...

...

...

Xa miraches o teclado e atopaches as letras R, T, Y, U? A que esperas! Bótalle unha ollada ao teclado, e cando atopes as novas teclas baixa e segue lendo...

...

...

...

...

...

...

...

...

Atopáchelas? Espero que si. Como verás, estas 4 teclas están enriba da fila guía.

Verás que as teclas R e T están enriba, aínda que lixeiramente desprazadas, das letras F e G, mentres que as letras Y e U están enriba das letras H e J respectivamente.

Esta vez farémolo ao revés. Para poder continuar, vas ser ti quen me diga con que dedos hai que premer cada tecla.

Para responder ás preguntas recoméndoche que mires o teclado e penses cal é a tecla que está máis preto.


Se xa respondiches correctamente, podes proseguir.

Volver atrás