ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 4:Practicando con ambas mans

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

Practicando con ambas mans

Nesta lección vas traballar dúas novas teclas, a G e a H.

Se te fixas, estas dúas teclas están situadas entre os teus dous dedos índice (unha vez colocadas as mans na posición guía).

Á hora de premer as teclas, o movemento dos dedos é moi sinxelo:

  • preme a letra G co dedo índice da man esquerda
  • preme a letra H co dedo índice da man dereita

A continuación podes velo graficamente:

Mano Esquerda
Mano Dereita

Á hora de premer estas dúas novas teclas terás que desprazar o dedo índice correspondente, premer a tecla, e devolver o dedo índice á posición de orixe. Por poñer un exemplo, se premes a tecla G, unha vez premida deberás devolver o dedo índice á letra F, mentres que se premes a H deberás levar o índice á letra J.

Como ves o concepto é moi sinxelo, e ao pouco que practiques vaise volver un movemento moi natural. Agora é cuestión de comezar a practicalo.

Volver atrás