Unidade 4:Algúns consellos ao facer exercicios
Algúns consellos ao facer exercicios
A continuación dámosche uns consellos e recomendacións xerais:
-
Reláxate antes de cada exercicio:
Tenta sempre comezar cada exercicio relaxado, e tenta sempre facer o exercicio o mellor posible, é dicir, non tentes facelo o máis rápido posible, senón amodo e tentando premer a tecla correcta co dedo axeitado.
-
Séntate ben:
Sentarse ben é fundamental para a túa saúde e a saúde das costas. Unha mala postura, co tempo, pode causar problemas serios de costas. Non ter unha boa hixiene postural pode supoñerche bastantes dores e problemas no futuro, así que procura sentarte sempre ben cando esteas fronte ao ordenador. Ten en conta que este consello non é só para este curso de mecanografía, senón para calquera situación na que pases varias horas na mesma postura (xa sexa para traballar ou para xogar).
-
Devolve os dedos á posición inicial:
Lembra devolver os dedos á posición inicial despois de premer cada tecla.
-
Tenta non cometer erros:
Segue sendo moi importante e non nos cansamos de repetilo.
Ánimo! Xa imos pola metade da unidade, xa queda un pouco menos para rematala.