ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 16:Signos de puntuación

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

Signos de puntuación

Sigamos cun par de signos de puntuación. Nos seguintes exercicios imos practicar cos dous puntos (:) e o punto e coma (;).

Estes signos de puntuación atópanse na parte superior das teclas de coma e punto. Podes velo a continuación:

Como xa contamos, o feito de que se atopen na parte superior das teclas significa que deberemos utilizar a tecla de maiúscula ⇧ para escribilos. Como ambos signos se atopan na parte dereita do teclado, e deben ser premidos coa man dereita, deberemos usar a tecla de maiúsculas que se atopa á esquerda do teclado.

Aquí tes unha animación de como premer ambas teclas:

Mano Esquerda
Mano Dereita

Pasemos á práctica.

Volver atrás