Unidade 16:Os símbolos desta unidade
Os símbolos desta unidade
Verás que no teclado hai multitude de símbolos. Existen símbolos matemáticos como o signo de suma, o de resta, o de multiplicación e o de división, existen signos de admiración e signos de interrogación, etc...
Ata agora só usamos un único signo no teclado, o de resta ou guión -. É hora de ver o resto.
A continuación podes ver todas as teclas coas que se pode escribir un ou máis símbolos:
Ademais, a continuación poñémosche todos os símbolos que poderás escribir directamente premendo unha tecla, ou cunha combinación de teclas:
Non te asustes aínda! Imos ir pouco a pouco e con algúns símbolos practicaremos máis que con outros. Ademais, como son moitos símbolos, dividímolos en dúas unidades, xa que non todos os símbolos se premen do mesmo xeito.