Unidade 8:Como se premen as teclas C e coma (,)?
Como se premen as teclas C e coma (,)?
Vas practicar co primeiro signo de puntuación! Parecía que estaba lonxe, pero xa estás aquí e segues avanzando a bo ritmo.
Dedica uns segundos a buscar a posición das teclas C e coma ( , ) no teclado. Se nunca a usaches, a coma custarache un pouco máis, porque na mesma tecla aparecen tanto a coma como o punto e coma ( ; )
De momento podes ignorar ese punto e coma, e quedar con que ao premer esa tecla, é unha coma o que aparecerá.
Na seguinte imaxe podes ver que ambas teclas están debaixo da fila guía:
Con que dedo haberá que premer estas novas teclas?
Fai click en continuar cando creas que tes a resposta correcta.