Unidade 13:As maiúsculas no teclado
As maiúsculas no teclado
Existen dúas formas de escribir letras maiúsculas nun teclado. Nesta unidade veremos ambas.
Imos comezar pola tecla de maiúsculas tamén denominada tecla shift. Normalmente os teclados representan esta tecla co símbolo ⇧, que como podes ver é unha frecha apuntando cara arriba.
Existen dúas teclas, unha tecla na parte esquerda do teclado, e outra na parte dereita do mesmo, ambas na mesma fila. A tecla da dereita é máis longa que a da esquerda. Nesta imaxe podes velas:
Se non as buscaches no teclado, dedica uns segundos para atopalas.
Non te preocupes se no teclado anterior aparecen representadas coa palabra Shift e no teu teclado só aparece a frecha ⇧, trátase da mesma tecla.
Pois ben, esta tecla funciona de maneira distinta ao resto de teclas que vimos ata agora. Enseguida explicámosche como...