Unidade 13:Algunhas cousas máis acerca da tecla ⇧
Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.
Algunhas cousas máis acerca da tecla ⇧
¿Sabías que a tecla de maiúsculas ⇧ afecta a máis teclas? Pois si, resulta que esta tecla non só converte as letras en maiúsculas no teclado, senón que tamén serve, ao pulsar a fila dos números para escribir algúns símbolos como os signos de exclamación, as comillas, os signos de interrogación, paréntesis, etc... de todos modos estes símbolos verémolos nunha unidade posterior.
A continuación imos facer un par de exercicios máis, un pequeno test, e pasaremos á seguinte unidade.