Unidade 13:O funcionamento da tecla de maiúsculas
O funcionamento da tecla de maiúsculas
Como comentamos, a tecla de maiúsculas non funciona igual que o resto de teclas que se viron ata o momento. Ata agora, cando se pulsa unha tecla, por exemplo a A, automaticamente esa tecla escribíase por pantalla. Coa tecla de maiúsculas isto non pasa.
A tecla de maiúsculas é o que se chama unha tecla modificadora do teclado.
Que é unha tecla modificadora do teclado?
En termos xerais, unha tecla modificadora do teclado é aquela que mentres a estamos pulsando cambia o comportamento do resto de teclas.
Se pulsamos unha tecla de maiúscula e seguidamente pulsamos unha tecla que conteña unha letra, escribiráse a letra maiúscula. Fácil, verdade? Só hai que pulsar a tecla de maiúscula e despois, sen soltar a tecla de maiúscula que esteamos pulsando, pulsar outra tecla.
Por que hai dúas teclas de maiúscula?
Como xa sabes, cada dedo de cada man encárgase de pulsar certas teclas. O feito de que existan dúas teclas é para que poidas seguir escribindo da mesma forma que aprendiches ata agora. Cando teñas que escribir en maiúsculas unha letra que pulsas coa man esquerda, deberás usar o teu dedo maimiño da man dereita para pulsar a tecla de maiúsculas. Da mesma maneira, cando teñas que pulsar unha letra que escribes coa man dereita, deberás usar o teu dedo maimiño da man esquerda para pulsar a tecla de maiúsculas.
Vexamos un exemplo para entendelo mellor. Imaxina que tes que pulsar a letra A en maiúsculas. O primeiro paso sería usar o dedo maimiño da túa man dereita para pulsar a tecla de maiúsculas, e seguidamente (sen deixar de pulsar a maiúscula) deberías pulsar a letra A co maimiño da túa man esquerda.
A continuación podes velo na seguinte animación:
Mano Esquerda Mano Dereita | ||
Da mesma maneira, se por exemplo quixeses escribir a letra J en maiúsculas, deberías usar o maimiño da man esquerda para pulsar as maiúsculas, e pulsar a J tal e como contamos nas unidades anteriores (co índice da man dereita).
A continuación podes velo na seguinte animación:
Mano Esquerda Mano Dereita | ||
En resumo, debes usar o meñique da man contraria á man coa que debes pulsar a seguinte tecla.