Unidade 18:O castelo de irás e non volverás
O castelo de irás e non volverás
Agora que fixeches todas as unidades teóricas, imos realizar varios exercicios prácticos co fin de axudarche a practicar todos os movementos coas mans e axudarche a interiorizalos.
Intenta non mirar o teu teclado cando fagas estes exercicios, se é necesario, guíate co teclado que aparece na pantalla e intenta realizar os movementos dos dedos que se indican.
Co fin de conseguir este obxectivo, non hai nada como practicar mecanografía, e pensamos que escribir un conto é perfecto para cumprir con este propósito.
Escollimos e adaptamos lixeiramente unha das versións do conto popular titulado "O castelo de irás e non volverás".
Aínda que pareza que esta unidade ten moitos exercicios, se os fas sen cometer erros, non terás que repetir ningún exercicio, así que irás máis rápido do habitual.