Unidade 3:Recordatorio dalgúns consellos
Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.
Recordatorio dalgúns consellos
Vaia! Parece que o estás facendo bastante ben se chegaches ata aquí. Pode que ao principio sexa un pouco difícil, pero pouco a pouco irache custando menos.
Por certo, lembras os consellos que che fomos dando? Volvémolos resumir a continuación:
- Intenta non cometer erros
- Preme cada tecla co dedo correspondente
- Intenta mirar á pantalla e non ao teclado cando fagas os exercicios
A continuación imos, novamente, complicar un pouco máis os exercicios
Moita sorte!