ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 3:Por que non se practica con palabras de verdade?

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

Por que non se practica con palabras de verdade?

Quizais te preguntes por que non se empeza practicando con palabras, se ao fin e ao cabo, un quere aprender mecanografía para poder escribir textos e palabras.

O motivo é que para poder escribir palabras tes que saber primeiro como premer moitas das teclas, e primeiro é mellor comezar aprendendo a colocar as mans na fila base e a premer cada unha das teclas de forma axeitada. Ten paciencia, pouco a pouco iremos engadindo algunhas palabras de verdade en vez de combinacións de letras sen sentido aparente.

Agora que xa practicaches un pouco coa fila base, imos engadir algunhas palabras, a ver que tal se che dan.

Volver atrás