Unidade 2:Un consello
Un consello
Que tal foi? Recordaches premer cada letra co dedo correspondente?
Como estes exercicios vanse ir complicando pouco a pouco vou a ir dando algúns consellos para axudarte. Aquí vai o primeiro consello:
Para poder escribir rápido co tempo é importante aprender a escribir sen erros. O motivo é que cada erro que se comete ao premer unha tecla debe corrixirse premendo, como mínimo, dúas teclas máis (borrar a última letra introducida e premer a tecla correcta), é dicir, cada erro significa premer 3 teclas en vez de 1 no mellor dos casos. No peor dos casos, se non te das conta de que te equivocaches, seguirás escribindo, e terás que volver a borrar moitas teclas para poder corrixir o teu erro. Obviamente isto non é bo.