Unidade 2:¿Con que pulgar se preme a barra espaciadora?
¿Con que pulgar se preme a barra espaciadora?
Como recordarás, a barra espaciadora é esa tecla tan longa que hai no teclado e que serve para introducir espazos.
Pode que agora que vimos onde se deben colocar os dedos de ambas mans no teclado che resulte algo confuso o feito de que ambos polgares deban descansar sobre a barra espaciadora.
¿Deberías premer a barra espaciadora co pulgar da man dereita ou co da man esquerda? Pensa un momento, a ver se te recordas do que comentamos na primeira unidade ao respecto.
Pois ben, dá igual o pulgar que uses, podes usar o da man dereita ou o da man esquerda. Utiliza o que che resulte máis cómodo.
Despois deste breve recordatorio, imos a volver a practicar coas teclas J, K, L e Ñ.