ARTypist

O lugar axeitado para aprender mecanografía e mellorar a túa velocidade!

Centros Educativos

Unidade 17:As teclas de corchetes [ ]

Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.

As teclas de corchetes [ ]

As teclas dos corchetes (tanto [ como ]), atópanse na parte dereita do teclado. Podes axudarte da seguinte imaxe para localizalas no teu teclado:

Se te fixas nas teclas, verás que os corchetes aparecen na parte inferior dereita das mesmas.

Ata agora, víamos que a tecla de maiúsculas ⇧ era unha modificadora do teclado e que non só convertía as teclas en maiúsculas, senón que ademais cando un símbolo aparecía na parte superior da tecla, podiamos escribilo premendo.

Neste caso os corchetes aparecen na parte inferior dereita. Uhm... iso parece indicar que se prememos a tecla de forma normal, non se escribirán corchetes... e se prememos a maiúscula, escribirán os símbolos que hai na parte superior da tecla. Entón... como facemos para que aparezan os corchetes?

Pois ao igual que a tecla de maiúsculas, existen outras teclas modificadoras do teclado. Neste caso, deberemos utilizar a tecla modificadora Alt Gr.

Podes localizar esta tecla na parte inferior do teclado, á dereita da barra espaciadora. Observa a seguinte imaxe:

Ao igual que ocorre coas maiúsculas, esta tecla por si soa non fai nada, porén se a mantemos premida e despois prememos as teclas de corchete... os corchetes aparecen!

Parece que non vai ser tan complicado despois de todo. Porén, neste caso, terás que utilizar a man dereita para premer ambas teclas á vez, deberás premer a tecla de AltGr co polgar, e despois premer a tecla de abrir corchete '[' co dedo índice da mesma man e deberás usar o dedo corazón para pechar o corchete ']'. O motivo de usar o índice e o corazón, é que ao premer a tecla de Alt Gr co polgar, estamos obrigando a man a moverse á dereita, así que usar estes dous dedos parece que é máis natural que forzar a utilizar o maimiño.

Mostrámosche graficamente na seguinte animación para que quede máis claro:

Mano Esquerda
Mano Dereita

Imos realizar un par de exercicios prácticos

Volver atrás