Unidade 17:As chaves { }
As chaves { }
As teclas para escribir chaves (tanto { como }), atópanse na parte dereita do teclado, xusto debaixo dos corchetes. Axúdate da seguinte imaxe e localízalas no teu teclado:
Se te fixas nas teclas que teñen as chaves, verás que as chaves aparecen na parte inferior dereita. É o mesmo que ocorría cos corchetes. Sabes que significa isto?
Pois que para escribir as chaves, tamén fai falta usar a tecla de Alt Gr.
Así pois, novamente, a recomendación é usar unicamente a man dereita para escribir estas teclas. Co polgar prememos Alt Gr mentres que co índice prememos a tecla de abrir chave '{' e co corazón prememos a tecla de pechar chave '}'.
Podes velo graficamente na seguinte animación:
Mano Esquerda Mano Dereita | ||
Tal e como fixemos cos corchetes, imos agora a realizar un par de exercicios prácticos con as chaves.