Unidade 1:Que é a mecanografía?
Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.
Que é a mecanografía?
Ben, agora que realizaches o primeiro exercicio é un bo momento para falar sobre a mecanografía.
A mecanografía é unha técnica para premer as teclas do ordenador coas mans sen necesidade de mirar o teclado.
Sabendo mecanografía poderás escribir textos a ordenador moi rápido, sen cometer erros e sen mirar o teclado. Si, lémbrao ben, pódese escribir no ordenador moi rápido, sen cometer erros e sen mirar o teclado!