ARTYPIST.COM, en base ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, LOPD en diante, pon en coñecemento dos usuarios do seu sitio web a política levada a cabo respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal de todas aquelas persoas que, de forma voluntaria, fagan uso dalgún dos formularios que se poden atopar durante a navegación por este sitio, e que impliquen a comunicación dos seus datos persoais a ARTYPIST.COM.
1.- IDENTIFICACIÓN DO TITULAR DO FICHEIRO
O titular e responsable do ficheiro ao que se incorporarán os datos de carácter persoal facilitados polos usuarios é ARTYPIST.COM.
2.- FINALIDADE DO FICHEIRO
ARTYPIST.COM na súa páxina web non recada datos dos usuarios que a visitan, así pois, a comunicación de datos de carácter persoal por parte do usuario realízase sempre de forma voluntaria mediante o uso de formularios, dado que nestes casos o tratamento dos datos é inevitable e implícito ao servizo que se vai proporcionar. Para estes casos e os que se detallan en apartados posteriores, o tratamento dos datos realízase coas seguintes finalidades: posibilitar ou facilitar a xestión, administración, mellora e ampliación dos distintos servizos, a elaboración de estatísticas, a xestión ou seguimento de incidencias, así como o envío de información técnica, promocional ou comercial de actividades ou servizos ofrecidos unicamente por ARTYPIST.COM e nunca por terceiros.
3.- CONSENTIMENTO DO USUARIO
Ao facilitar os seus datos persoais a ARTYPIST.COM, mediante a cobertura dos formularios de recollida de información ou o seu envío a través de calquera outro medio, os usuarios estarán a dar o seu consentimento libre, inequívoco, específico, informado e expreso para o tratamento dos seus datos persoais coas finalidades establecidas anteriormente, datos que serán incorporados aos ficheiros de ARTYPIST.COM.
4.- COMUNICACIÓNS COMERCIAIS OU PROMOCIONAIS
Ao facilitar datos de carácter persoal, o usuario consente e acepta a remisión de información promocional ou comercial por parte de ARTYPIST.COM, aínda que o usuario en calquera momento poderá revogar o seu consentimento mediante o envío dun e-mail a
.
5.- CESIÓN OU ACCESO AOS DATOS POR CONTA DE TERCEIROS
ARTYPIST.COM pon en coñecemento dos usuarios que en ningún momento venderá ou arrendará os seus datos persoais, e que só os facilitará a un terceiro para cumprir cos fins detallados nos puntos anteriores, cesión que será posta en coñecemento do usuario cando así o prevexa a LOPD, informándoo de modo expreso, preciso e inequívoco dos destinatarios da información, da finalidade á que se destinarán os datos, e da natureza dos datos cedidos, ou no seu caso, cando a LOPD o estableza, previamente solicitarase o consentimento inequívoco específico e informado ao usuario, quen poderá denegar ou revogar dito consentimento en calquera momento mediante o envío dun e-mail a
.
6.- CALIDADE DOS DATOS
ARTYPIST.COM advirte ao usuario que, agás a existencia dunha representación legalmente constituída, ningún usuario pode utilizar a identidade doutra persoa e comunicar os seus datos persoais. Polo que o usuario en todo momento deberá ter en conta que só pode facilitar datos persoais correspondentes á súa propia identidade, garantindo a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. Neste sentido, será obriga dos usuarios manter actualizados os datos de forma tal que correspondan á realidade en cada momento.
7.- DEREITOS DE ACCESO, OPOSICIÓN, RECTIFICACIÓN E CANCELACIÓN DOS DATOS
ARTYPIST.COM informa aos usuarios da posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante o envío dun e-mail ao enderezo
.
8- MEDIDAS DE SEGURIDADE ADOPTADAS PARA O TRATAMENTO DOS DATOS
ARTYPIST.COM informa ao usuario que, de conformidade co disposto na LOPD e no Regulamento de Medidas de Seguridade, adoptou as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos. Non obstante, os usuarios deben ser conscientes de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables, e asumir os riscos que iso comporta.
De igual forma, ARTYPIST.COM comprométese a cumprir en calquera fase do tratamento coa obriga do deber de segredo respecto dos datos facilitados polos usuarios.
9.- ACTUALIZACIÓN OU MODIFICACIÓN DAS POLÍTICAS
ARTYPIST.COM resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de tratamento e seguridade de datos persoais, respectando sempre a lexislación vixente en materia de protección de datos, e previa comunicación aos interesados, ben mediante publicación nesta mesma páxina ou en calquera outro lugar do sitio web, ben mediante e-mail aos interesados, ou por calquera outro medio de comunicación ou difusión que se considere oportuno.