1.- INFORMACIÓN XERAL
O presente Aviso Legal regula o uso do sitio web ARTYPIST.COM, ao que se accede mediante o enderezo principal http://artypist.com.
1.1- DATOS DO PROPIETARIO
Conforme ao establecido na Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), infórmase aos usuarios de www.artypist.com (en diante, A WEB) que estes son os datos do propietario deste sitio web:

2.- ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO
É responsabilidade dos visitantes ou usuarios deste sitio web a lectura atenta das Condicións Xerais de Uso que se detallan. O uso ou acceso a este sitio implica o coñecemento e a plena aceptación de todas e cada unha das advertencias legais e condicións xerais que, en calquera momento, poida establecer ARTYPIST.COM.
Así mesmo, a utilización de determinados servizos que este sitio pode poñer a disposición dos usuarios implicará a aceptación, sen reserva ningunha, das condicións particulares, advertencias ou instrucións que ARTYPIST.COM puidese establecer en calquera momento con carácter específico, substitutivo ou complementario ao das presentes condicións xerais.
3.- CONDICIÓNS DE ACCESO
En xeral, o acceso aos contidos facilitados por ARTYPIST.COM será de carácter libre e gratuíto, e non se lles esixirá aos usuarios que faciliten datos persoais, nin que se subscriban, nin que fagan uso de claves ou contrasinais, agás no caso de rexistro voluntario en ARTYPIST.COM.
Cando para o rexistro en ARTYPIST.COM sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, os usuarios garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. ARTYPIST.COM comprométese a darlles a ditos datos o tratamento automatizado que corresponda en función da natureza e finalidade destes, nas condicións e termos que quedan reflectidos na política de protección de datos persoais.
Para aqueles casos nos que se fai necesario o uso de claves de acceso (nome de usuario e contrasinal), o usuario comprométese a usalas de acordo coas seguintes restricións:
- As claves, elixidas polo usuario, non deberán ser contrarias á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, nin de calquera modo infrinxir os dereitos de propiedade industrial e intelectual e á honra e á propia imaxe de terceiros.
- As claves de acceso son para uso persoal e exclusivo do usuario titular delas, e a súa custodia e correcta utilización son responsabilidade deste. ARTYPIST.COM non se fai responsable por ningún prexuízo no que o usuario ou terceiros poidan incorrer como consecuencia de que outras persoas fagan uso das súas claves, con ou sen consentimento ou coñecemento do usuario.
- Non obstante, ARTYPIST.COM comprométese a cumprir co deber de segredo respecto ás claves rexistradas e utilizadas polos usuarios.
4.- CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN
A utilización do sitio web de ARTYPIST.COM deberá obedecer ao contido destas Condicións Xerais, a calquera disposición legal aplicable e ás esixencias da moral e dos bos costumes xeralmente aceptados, así como ás de orde pública.
Agás previa e expresa autorización de ARTYPIST.COM, os usuarios unicamente poderán facer uso dos contidos e servizos ofrecidos neste sitio web a modo persoal, abstendose de realizar calquera acto que, directa ou indirectamente, supoña unha explotación comercial destes.
En todo caso, os usuarios utilizarán os contidos e servizos facilitados por ARTYPIST.COM de conformidade coa legalidade vixente, e asumirán as responsabilidades que lles correspondan polas condutas ou actividades que, de calquera forma, poidan resultar ilícitas ou lesivas para dereitos de terceiros ou que poidan prexudicar, impedir ou limitar a utilización deste sitio web a outros usuarios.
Os usuarios comprométense a non transmitir ou difundir a través de ARTYPIST.COM mensaxes, imaxes, fotografías, software, datos ou contidos que:
- de calquera forma contraveñan ou atenten contra dereitos fundamentais recoñecidos polo ordenamento xurídico.
- induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, difamatorias, infamantes, violentas, discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión ou ideoloxía, ou, en xeral, sexan contrarias á lei, á moral ou á orde pública.
- sexan falsos, ambiguos, inexactos, esaxerados, obscenos ou extemporáneos.
- se atopen protexidos por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencente a terceiros, agás previa e suficiente autorización do seu lexítimo titular.
- lesionen ou poidan lesionar o dereito á honra, á intimidade persoal, á propia imaxe de terceiras persoas ou infrinxan a normativa sobre o segredo ou confidencialidade das comunicacións.
- constitúan publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
- conteñan virus, cabalos de Troia, vermes, bombas de tempo ou calquera outro material ou programa que poida danar ou alterar o funcionamento de equipos ou sistemas informáticos.
ARTYPIST.COM resérvase o dereito unilateral, en calquera momento e sen previo aviso ou xustificación, de denegar o acceso ao seu sitio web a aqueles usuarios que incumpran estas Condicións Xerais de Uso.
5.- PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL
5.1.- Nome de Dominio
O nome de dominio "www.artypist.com" e todos aqueles que sirvan para acceder ao presente sitio son de titularidade exclusiva de "ARTYPIST.COM". O uso indebido destes suporía unha infracción dos dereitos adquiridos polo seu rexistro e será perseguido polos medios previstos na Lei.
5.2.- Dereitos de Autor
Os contidos, textos, fotografías, logotipos, imaxes, sons, vídeos, animacións e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste sitio, así como o propio sitio no seu conxunto como obra artística e como programa de ordenador, están protexidos pola lexislación en materia de propiedade intelectual.
Quedan exceptuados desta protección aqueles arquivos ou programas de ordenador dos que ARTYPIST.COM non é titular, e que son de acceso gratuíto (freeware) por expresa vontade dos seus titulares.
5.3.- Uso Persoal
O usuario queda expresamente autorizado por ARTYPIST.COM a visualizar, imprimir, copiar ou almacenar no seu disco duro ou calquera outro soporte físico, os contidos e activos amparados ou non por un dereito de exclusiva (agás os programas de ordenador), sempre que esta actuación se efectúe para o uso persoal e privado do usuario, sen finalidade comercial ou de distribución e sen modificar, alterar ou descompilar os devanditos dereitos e contidos. Esta licenza de uso persoal enténdese efectuada sempre e cando se respecten intactas as advertencias aos dereitos de autor e de propiedade industrial que se realizan, sen que isto signifique a concesión de licenza ningunha ao usuario.
Calquera outra utilización dos contidos ou creacións intelectuais deste sitio requirirá a autorización expresa e por escrito de ARTYPIST.COM.
5.4.- Reserva de Accións Legais
ARTYPIST.COM resérvase en todo momento o exercicio de cantos medios ou accións legais lle correspondan en defensa dos seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual e industrial fronte a unha utilización non autorizada destes ou a calquera actuación que puidese prexudicalos.
6.- POLÍTICA DE COOKIES
As cookies (persistentes) son arquivos de texto que se almacenan no disco duro do ordenador do usuario ata que expiran (as cookies persistentes son creadas con datas de expiración) ou ata que o propio usuario as borra. As cookies non permiten a identificación inequívoca do ordenador do usuario, non obstante, poden ser utilizadas para obter certa información acerca deste.
ARTYPIST.COM pon en coñecemento dos usuarios que, actualmente, fai uso de cookies coa finalidade de obter estatísticas xerais das visitas, permitir manter a sesión aos usuarios e gardar preferencias do curso de mecanografía para aqueles usuarios que non se rexistran.
A gran maioría dos navegadores aceptan o uso de cookies de maneira automática, non obstante, esta opción pode ser deshabilitada polo usuario cambiando a configuración do seu navegador.
Este sitio web utiliza cookies de sesión propias para evitar que teñas que identificarte cada vez que entres nesta web, así como cookies de preferencias do curso de mecanografía.
Tamén utilizamos cookies de terceiros, principalmente de Google Analytics co fin de elaborar estatísticas do tráfico de visitas da web, e tamén de Google Ads, para poder ofrecer anuncios. Ao utilizar este sitio web estás consentindo o tratamento da túa información por Google. Polo tanto, o exercicio de calquera dereito neste sentido deberalo facer comunicándote directamente con Google.
Inclúense tamén botóns para compartir en redes sociais coas que cada unha utiliza as súas propias cookies para que poidas premer en botóns do tipo “Gústame“ ou “Compartir“. AddThis é un botón que tamén pode utilizar cookies con este fin.
Finalmente utilízase a funcionalidade de inicio de sesión de Facebook, co que esta empresa tamén pode estar utilizando cookies. Polo tanto, o exercicio de calquera dereito neste sentido deberalo facer comunicándote directamente con Facebook.
As cookies utilizadas nesta web non recollen datos de carácter persoal.
7.- LIGAZÓNS
As ligazóns coas que o usuario poida atoparse durante a navegación neste sitio web permítenlle abandonar a páxina www.artypist.com.
Os sitios ligados non están relacionados, agás indicación en contra, con ARTYPIST.COM, quen non se fai responsable dos contidos aos que se acceda en virtude das mencionadas ligazóns, nin das modificacións que se leven a cabo nestas, nin do uso que delas se realice, nin da dispoñibilidade técnica destas.
En calquera caso, ARTYPIST.COM comprométese a facer todo o posible para evitar a existencia no seu sitio web de ligazóns a páxinas de contido ilegal, que promovan actividades ilícitas, racistas, xenófobas e, en xeral, susceptibles de atentar contra os principios de liberdade e de dignidade humana ou vulneren os valores e dereitos recoñecidos pola Constitución española e pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
No suposto de que algún usuario estimase que algunha ligazón incluída en ARTYPIST.COM menoscaba de calquera forma os seus dereitos ou se lle supón o máis mínimo prexuízo, tan só debe comunicalo mediante o envío dun correo electrónico a
, tendo a confianza de que se tomarán as medidas oportunas ao respecto.
8.- EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE
Aínda que ARTYPIST.COM intentará proporcionar aos usuarios deste sitio toda a información da forma máis completa, exacta e actualizada posible, non garante a exactitude, actualización e operatividade dos seus contidos e servizos, e polo tanto, elude expresamente todo tipo de responsabilidade polos posibles danos ou prexuízos de calquera índole que os seus usuarios puidesen sufrir pola utilización dos datos aquí recadados, ou pola posible suspensión, cancelación ou inoperatividade dos seus contidos ou servizos, sen necesidade de comunicación previa.
Os usuarios deben ser conscientes en todo caso de que o uso dos contidos e servizos deste sitio se fai ao seu propio risco e baixo a súa única e exclusiva responsabilidade, e de que ARTYPIST.COM non garante en ningún caso:
- Total operatividade ou dispoñibilidade dos seus servizos. Tendo en conta que sempre que sexa posible, advertirase aos usuarios de posibles interrupcións no seu funcionamento coa maior antelación posible.
- A utilidade, exactitude, actualización ou infalibilidade dos seus contidos ou servizos para a toma de decisións ou realización de ningunha actividade en particular.
- Absoluta privacidade na utilización deste sitio, xa que non se debe descartar a posibilidade de que terceiros non autorizados poidan ter coñecemento do acceso ou utilización que os usuarios poidan facer dos seus contidos ou servizos, e consecuentemente, exclúe toda responsabilidade a este respecto.
- Ausencia de virus informáticos. ARTYPIST.COM non se fai responsable dos posibles danos causados por este tipo de programas, cuxa ausencia non pode garantirse. Non obstante, ponse en coñecemento do usuario que se tomarán todas as medidas posibles para minimizar ao máximo esta ameaza.
- En calquera caso, ARTYPIST.COM pon a disposición dos usuarios o seguinte enderezo de correo electrónico:
, co fin de que poidan achegar calquera tipo de comentario, suxestión ou rectificación que estimen oportuno, co fin de poder evitar ou emendar calquera tipo de incidencia ou irregularidade da maneira máis rápida e eficiente posible.
9.- RECLAMACIÓNS
O usuario poderá realizar reclamacións remitindo un correo electrónico a
indicando o seu nome e apelidos, o servizo adquirido e expoñendo os motivos da súa reclamación.
10.- LEI APLICABLE
As presentes Condicións Xerais de Uso réxense polas Leis españolas.
O modo máis sinxelo e eficaz para solicitar calquera aclaración, ou para formular calquera tipo de queixa, suxestión ou comentario, é o envío dun e-mail a
.
Co obxectivo de mellorar o servizo, Artypist.com resérvase o dereito a modificar e actualizar o presente documento sen previo aviso.